15.5.09

Letras Galegas 2009

Estamos ás portas do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro. No patio central do instituto temos instalada unha exposición sobre a vida, a obra e a época que lle tocou vivir. Ao longo da próxima semana, todo o alumnado do centro visitará esta exposición e realizará durante a visita unha actividade co profesorado de Lingua galega.

Ademais, desde a biblioteca, propoñémosvos para a próxima semana unha Olimpíada da Letras Galegas, un xogo de busca de información no que poderán participar grupos de catro alumnos e alumnas. Cada grupo recibirá todos os días unha folla con preguntas relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas. O xogo rematará o venres cunha superpregunta que deberá resolverse durante o recreo na propia biblioteca. Cantas máis resposta correctas, máis puntos se poderán conseguir e máis posibilidades de acceder ao premio final: un cheque de 25 euros para cada un dos membros do equipo, que se poderá gastar en calquera das librarías de Gondomar.


11.5.09

Libros e Matemáticas


Mañá celébrase o Día Escolar das Matemáticas. No IES Auga da Laxe elaboramos e repartimos entre todo o alumnado uns dípticos para a ESO e Bacharelato cunha selección de libros da biblioteca, da sección de Matemáticas. Tamén poderedes atopar unha interesante selección de libros sobre literatura e matemáticas en DivulgaMAT.

La biblioteca de Babel e El libro de arena, que figuran no díptico, constitúen fermosos exemplos de como J.L. Borges achega conceptos matemáticos ao mundo literario.


... ninguén soubo transmitir a fascinación pola xeometría, a perplexidade ante os paradoxos ou a vertixe ante o infinito coa precisión coa que el o fixo.





Tamén no Recanto da poesía temos esta semana un poema de Borges:

Junio, 1968


En la tarde de oro
o en una serenidad cuyo símbolo
podría ser la tarde de oro,
el hombre dispone los libros
en los anaqueles que aguardan
y siente el pergamino, el cuero, la tela
y el agrado que dan
la previsión de un hábito
y el establecimiento de un orden.
Stevenson y el otro escocés, Andrew Lang,
reanudarán aquí, de manera mágica,
la lenta discusión que interrumpieron
los mares y la muerte
y a Reyes no le desagradará ciertamente
la cercanía de Virgilio.
(Ordenar bibliotecas es ejercer,
de un modo silencioso y modesto,
el arte de la crítica.)
El hombre que está ciego,
sabe que ya no podrá descifrar
los hermosos volúmenes que maneja
y que no le ayudarán a escribir
el libro que lo justificará ante los otos,
pero la tarde que es acaso de oro
sonríe ante el curioso destino
y siente esa felicidad peculiar
de las viejas cosas queridas.


Jorge Luis Borges, Elogio de la sombra, 1969